Javier Porro, novo vigario de Pastoral e Luis Seoane, vigario territorial

Javier Porro, novo vigario de Pastoral e Luis Seoane, vigario territorial

Nova obtida de PontevedraViva:

https://pontevedraviva.com/xeral/98012/javier-porro-nuevo-vicario-episcopal-pastoral-diocesis-santiago-compostela/?lang=gl

O arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco Prieto, fixo públicos os nomeamentos dos novos Vigairos Episcopais da Diocese de Santiago de Compostela. Javier Porro Martínez, será Vicario Episcopal de Pastoral e Luis Seoane Ares, Vicario Episcopal Territorial de Pontevedra.

Javier Porro é un rostro coñecido na Diocese polas súas tarefas na Delegación de Pastoral de Mocidade e, actualmente, na de Apostolado Seglar, Javier Porro asegurou estar sorprendido co nomeamento que recibe «con mucho agrado y con mucha alegría», sobre todo porque os seus compañeiros vicarios «también son personas que tienen experiencia de trabajar equipo, y eso me ha dado mucha esperanza». Sobre a súa nova tarefa «el arzobispo me explicó que lo que él pretendía era coordinar un poco lo que es la Pastoral en la Diócesis», comentou.

«La intención mía es que hay que trabajar el equipo, pero ya desde el nombramiento, o sea, ya desde el comienzo. Y luego también otra intuición que yo tengo es que es necesario una formación», avanza sobre os seus próximos obxectivos.

Preguntado por se vai seguir vivindo en Pontevedra, Javier Porro, admite que xa llo preguntou moitas persoas. «Me gustaría, si pudiera, seguir atendiendo las parroquias de Pontevedra, tanto con don Calixto como con don Luis Seoane. Otra cosa, es que le voy a tener que dedicar mucho tiempo, pues a ir a Santiago y a moverme por toda la Diócesis. En principio, este año, mientras que vamos arrancando, voy a seguir viviendo en Pontevedra», responde.

LUIS SEOANE

Luís Seoane Ares será o novo Vigairo Episcopal Territorial de Pontevedra. Tomarán posesión o 14 de setembro, festa da Exaltación da Santa Cruz, ás 12.00 horas na Curia do Arcebispado de Santiago de Compostela.

Desde setembro de 2003 ata a actualidade foi párroco do Bo Pastor en Monte Porreiro. Colaborou na Pastoral doutras parroquias da zona (Santa Mariña de Bora, Santa María de Alba e Santiago Peregrino do Burgo). Tamén traballou no ámbito educativo, como profesor de Relixión en Secundaria e Bacharelato.

Nos últimos anos acompañou, como Consiliario, ao Voluntariado de Mans Unidas na Delegación de Pontevedra.