Xornada Mundial de Migrantes Refuxiados

Xornada Mundial de Migrantes Refuxiados

O pasado domingo 29 de setembro, as 12:15h, a parroquia de Monte Porreiro centrou a celebración na Xornada Mundial de Migrantes e Refuxiados.

Na monición de entrada, ademais de facer referencia, explicouse brevemente o lema elixido este ano polo Papa Francisco: “Deus camiña co seu pobo”, rezándose deseguido a Oración desta Xornada.

Diante do altar colocáronse como símbolos representativos o cartel, uns pasaportes e unha montaxe fotográfica da visita á parroquia da Cruz de Lampedusa en novembro de 2021. E na parede proxectouse outra montaxe, co lema no centro e arredor del imaxes sobre migración, así como tamén titulares de noticias recentes de acollida a migrantes en localidades galegas.

O momento especialmente emotivo foi o dunha familia natural de Venezuela e residente na urbanización. Contaron brevemente a súa travesía por diferentes países latinoamericanos antes de aterrizar en Galicia. Destacaron que, a pesar do drama e dor vividos, sempre atoparon persoas que os acolleron e axudaron. Despois dun aplauso agradecido e agarimoso a celebración rematou coa proxección de Rafael Amor “No me llames extranjero”.

Á saída repartíuse un folleto da Conferencia Episcopal sobre Ferramentas e Webs para desmentir bulos, moitos deles relacionados co tema migratorio. É a nosa obriga informarnos e ter sempre presente que como cristiáns temos que cultivar a cultura do encontro e a fraternidade.